A OS VELLOS MARIÑEIROS
DA RIBEIRA DE VIGO
Alá van os mariñeiros
Camiño da alta mar
Alá van meus compañeiros
Quen sabe se voltarán
Van a peito descuberto
Van a guerrear co mar
Van arrincar os tesouros
Que o mar non quer entregar
Van soportando galernas
Loitando co temporal
Van entre brétemas metidos
Que lles impide mirar
Van en barcos de madeira
En condicions inhumáns
Moitos sen roupas d´auga
Que os protexa do mar
Cando van van vigorosos
Descansados do seu lar
Cando ven, ven esgotados
Queimados de pelexar
Traen cardenais no corpo
Cheas de feridas as mans
E os corazóns doidos
De tanto golpe de mar
“Xa entra o Wenceslao”
oín na Ribeira berrar
“Parés que ven sellado,
Ven enterrado no mar”
“Se ven do Gran Sole, pescada
Palometa, se da costa de Portugal
Dín que venderán o Sábado
O prezo mais alto vai”
Esos son os nosos mariñeiros
Que no porto agardando están
Familiares que angustiados
Os desexan abrazar
Moitos, son os mariñeiros
Que se aforgaron no mar
O mar cobra sempre caro
A fame que vai quitar
O medo queles pasaron
¿Cómo esquecer poderán ?
Os compañeiros que foron polo mar abaixo
Grabados no corazón están
Borrachos de augardente e viño
Esquecer nos seus fogares tentarán
Algún poida que o consiga
Mais, outros seguro, non o lograrán
Nas tumbas dos mariñeiros
Nunca mirei sementar flores
CENEME-12-04-06
DA RIBEIRA DE VIGO
Alá van os mariñeiros
Camiño da alta mar
Alá van meus compañeiros
Quen sabe se voltarán
Van a peito descuberto
Van a guerrear co mar
Van arrincar os tesouros
Que o mar non quer entregar
Van soportando galernas
Loitando co temporal
Van entre brétemas metidos
Que lles impide mirar
Van en barcos de madeira
En condicions inhumáns
Moitos sen roupas d´auga
Que os protexa do mar
Cando van van vigorosos
Descansados do seu lar
Cando ven, ven esgotados
Queimados de pelexar
Traen cardenais no corpo
Cheas de feridas as mans
E os corazóns doidos
De tanto golpe de mar
“Xa entra o Wenceslao”
oín na Ribeira berrar
“Parés que ven sellado,
Ven enterrado no mar”
“Se ven do Gran Sole, pescada
Palometa, se da costa de Portugal
Dín que venderán o Sábado
O prezo mais alto vai”
Esos son os nosos mariñeiros
Que no porto agardando están
Familiares que angustiados
Os desexan abrazar
Moitos, son os mariñeiros
Que se aforgaron no mar
O mar cobra sempre caro
A fame que vai quitar
O medo queles pasaron
¿Cómo esquecer poderán ?
Os compañeiros que foron polo mar abaixo
Grabados no corazón están
Borrachos de augardente e viño
Esquecer nos seus fogares tentarán
Algún poida que o consiga
Mais, outros seguro, non o lograrán
Nas tumbas dos mariñeiros
Nunca mirei sementar flores
CENEME-12-04-06
No hay comentarios:
Publicar un comentario