CANTO A RÍA DE VIGO
¡Cantade! Vigueses, cantade!
Estades a contemplar
Unha paisaxe moi fermosa
Unha Ría sen igual
Con lanchiñas de madeira
Que andan o xeito a pescar
Con barquiños de recreo
Que andan a pasear
Ten sitio a Ría pra todos
Pra todos na Ría hai
Ela é sofrida e goza
Coa ledicia que nos da
Fermosa Ría de Vigo
Onde ven a descansar
Tanto mariñeiro canso
De loitar co noso mar
Cos teus peixiños fresquiños
Cos teus mariscos sen par
Fermosa Ría de Vigo
E nosa responsabilidade
Da podredumbre da morte
Túas augas afastar
Pra que alimenten os fillos
Que están a vir detrás
!Erguete Ría de Vigo!
Non te deixes aldraxar
Por tanto barco “bonito”
Tuas augas emporcallar
Eres herdade pra todos
Os que vivimos do mar
Con navallas, ameixas, berberechos
Dos teus limpos areais
Con mexilons, ostras, vieiras
Do teu peito maternal
Fermosa Ría de Vigo
Témoste que preservar
Pra que cheguen os teus fillos
Os froitiños do teu mar
!Espertade, vigueses!
Estándevos a matar
A Ría que sempre foi
Riqueza pra os vosos pais
En demais barco “bonito”
En demais amarre a emporcallar
Pra gozo dos señoritos
Que se apoderan do mar
¡Cantade! Vigueses, cantade!
Estades a contemplar
Unha paisaxe moi fermosa
Unha Ría sen igual
Con lanchiñas de madeira
Que andan o xeito a pescar
Con barquiños de recreo
Que andan a pasear
Ten sitio a Ría pra todos
Pra todos na Ría hai
Ela é sofrida e goza
Coa ledicia que nos da
Fermosa Ría de Vigo
Onde ven a descansar
Tanto mariñeiro canso
De loitar co noso mar
Cos teus peixiños fresquiños
Cos teus mariscos sen par
Fermosa Ría de Vigo
E nosa responsabilidade
Da podredumbre da morte
Túas augas afastar
Pra que alimenten os fillos
Que están a vir detrás
!Erguete Ría de Vigo!
Non te deixes aldraxar
Por tanto barco “bonito”
Tuas augas emporcallar
Eres herdade pra todos
Os que vivimos do mar
Con navallas, ameixas, berberechos
Dos teus limpos areais
Con mexilons, ostras, vieiras
Do teu peito maternal
Fermosa Ría de Vigo
Témoste que preservar
Pra que cheguen os teus fillos
Os froitiños do teu mar
!Espertade, vigueses!
Estándevos a matar
A Ría que sempre foi
Riqueza pra os vosos pais
En demais barco “bonito”
En demais amarre a emporcallar
Pra gozo dos señoritos
Que se apoderan do mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario