martes, 25 de agosto de 2009



ALMA ERRANTE
(A la memoria de mi hermana)

I
Eu estiven o seu lado
Estiven o seu carón
Naquela noite de inverno
Cando de sofrir finou
II
E sentín do seu corpo
No último extertor
Seu espritu invisibel
Que xunto a mín pasou
III
E quedou o corpo sen vida
Un moneco de cartón
Quinda lle arrincaran un brazo
Ou o mesmísimo corazón
De dentro daquel moneco
Non saldría ninguna door
IV
¿Onde vas alma errante?
Alma errante ¿Onde vas?
Si ata que atopes un peito
Non deixarás de vagar

E si voltas, si voltaras
Dime ¿cómo voltarás?
¿Serás como una gaivota
ou como un peixe do mar?
V
Seguro que nunca
Xa nunca terás
O seu mesmo corpo
As suas mesmas mans
Nin o seu soriso
Nin a sua habilidade
Aqueles bordados
Que parecía de verdade
VI
¡Vaite miña alma vaite,
vaite e non volvas maís!
¡Vaite miña alma vaite,
vaite e descansa en paz!
Amén

No hay comentarios:

Publicar un comentario