O VELLIÑO
Un día o velliño
tivo que emigrar,
pois quedou soiño
soiño no seu lar
Perdeu a muller
mal pocadiño,
botavaa en falta
no seu camiño
Chegou a cidade
estaba abraiado,
xa non tiña casiña
nin verdes prados
Xa non cantaban os paxaros
Por a mañan cedo,
nin os grilos garuleiros
que de noite daban medo
Xa non ten o canciño
que tras él ía correndo,
cando andaba por as leiras
para colleitar o feno
Xa non ten lareira
onde o pote quentaba,
naquelas noites de inverno
o caldiño que tomaba
Xa non tiña nada
naquel mundo raro,
sentíase tristeiro
sentíase estraño
Ai, meu pobre velliño
que morriña tes na ialma,
só Deus podíache dar
a paz que necesitabas
Murcharonse as follas,
murchouse o velliño
e o pobre do fillo
choraba, ¡ai!, velliño
CENEME.- 3.-04-09
No hay comentarios:
Publicar un comentario