AS MULLERES DOS MARIÑEIROS
As mulleres dos mariñeiros
Quedan na casa a rezar
Rezan por seus compañeiros
Que arriscando están no mar
Hoxe hai tronos, hai galerna
Quizais non poidan pescar
Seica en alguna praia
A “capa” co barco están
A chabola están chamando
Por mor que noticias ha
Quince días xa pasaron
O barco estará a chegar
“Chegan o Venres a noite”
O armador ven de anunciar
O Sábado mais alto prezo
Na Lonxa vai arranxar
As mulleres a espera
No peirao están a ollar
Alá po lo hourizonte
Os barcos ven de asomar
“O Wenceslao trae “capote”
Ven suspendido no mar
“Vaia traballo que teñen
Traballar e non gañar”
Traen tarefa para casa
Palangres para “alistir”
Desenredar os enredos
Na “madre” que correxir
Moita “barsolada” nova
Moito “anzuelo” que “empatar”
Pra que lles paguen moi pouco
Un par de pescadas, non mais
Esa é a triste sorte
Do que traballa no mar
Coma os mineiros na mina
Onde tesouros non ha
E si algún tesouro atopan
Alá agochado no mar
As “larpeiras” da Ferrería
Están prestas a axexar
Pra que non chegue o fogar enteiro
O que atoparon no mar
Probes mulleres que sofren
Co que seus homes lles dan
CENEME-20-08-08
As mulleres dos mariñeiros
Quedan na casa a rezar
Rezan por seus compañeiros
Que arriscando están no mar
Hoxe hai tronos, hai galerna
Quizais non poidan pescar
Seica en alguna praia
A “capa” co barco están
A chabola están chamando
Por mor que noticias ha
Quince días xa pasaron
O barco estará a chegar
“Chegan o Venres a noite”
O armador ven de anunciar
O Sábado mais alto prezo
Na Lonxa vai arranxar
As mulleres a espera
No peirao están a ollar
Alá po lo hourizonte
Os barcos ven de asomar
“O Wenceslao trae “capote”
Ven suspendido no mar
“Vaia traballo que teñen
Traballar e non gañar”
Traen tarefa para casa
Palangres para “alistir”
Desenredar os enredos
Na “madre” que correxir
Moita “barsolada” nova
Moito “anzuelo” que “empatar”
Pra que lles paguen moi pouco
Un par de pescadas, non mais
Esa é a triste sorte
Do que traballa no mar
Coma os mineiros na mina
Onde tesouros non ha
E si algún tesouro atopan
Alá agochado no mar
As “larpeiras” da Ferrería
Están prestas a axexar
Pra que non chegue o fogar enteiro
O que atoparon no mar
Probes mulleres que sofren
Co que seus homes lles dan
CENEME-20-08-08
No hay comentarios:
Publicar un comentario