viernes, 14 de mayo de 2010


UN FILLO ARREPENTIDO

Quero arrincar unha pena
Que levo no corazón
Porque a miña nai querida
Teño que pedir perdón

Me tiña de punta en branco
Non podía vestirme mellor
Para que non desentoara
Da xente o meu derredor

Ela traballaba o campo
Lavaba a roupa no río
Traballaba na conserva
Na casa non se oía un pío

Foi vender un día a Vigo
As legumes que plantaba
Atopouse co seu fillo
Que por Príncipe pasaba

A probe ía vestida
Coma un traballador
Quería ver o seu fillo
Nun ambiente mellor

O fillo torceulle a cara
Nin para ela ollou
Non fora cos seus amigos
Souveran sua condición

Non saves, nai querida
O arrepentido que estou
Pois foche na miña vida
O anxo da salvación

Ceneme.- 14-05-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario