miércoles, 19 de mayo de 2010


DEZ ANOS DE VAGALUME


Cumple Vagalume dez anos
Ende que comenzou a cantar
Tódoslos anos tratando
Con traballo mellorar

Van cumplindo anos
E lévanse como irmáns
Non hai discusión posible
A directora é a nai

Denuncian nas suas cancions
Abusos da sociedad
Como fixo Rosalía
Como dixo Castelao

Cantándolle os nosos montes
A bravura do noso mar
Que adornan co seu perfume
Nosa forma de falar

Sempre defendendo a terra
O reino de Breogán
Para que os netos teñan
Dereito a gañar o pan

¡Longa vida a Vagalume
e o Centro social!
Pra que moitos anos poidamos
Disfrutar do seu cantar

Ceneme- 14-04-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario