miércoles, 3 de marzo de 2010


NACEU O NENO

Vinde meniños
Ollade pastores
Que naceu na terra
O fillo de Deus

Cantade xilgueiros
Tamén reiseñores
Que naceu o neno
Naceu en Belén

Os Reis dende oriente
Veñen camiñando
Traen os regalos
Pro que hoxe naceu

A estrela no ceo
Está alumear
Non quere co neno
Teña oscuridad

O burro e a vaca
No pesebre están
Pra quentar o neno
Que moi frío está

Todos pastorciños
Veñen a mirar
O neno bendito
Que os ven a salvar

Ceneme- 3-03-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario