martes, 25 de agosto de 2015



TERRA MEIGA

Esta  verde terra nosa
Que deitase enfurruñada
E levantase moi cedo
Coa cara alumeada

Onde andan polas noites
Membros da Santa Compaña
Polas noites andan demos
Anxos xa de madrugada

Días de inverno no verán
E no verán días de inverno
Hai veces  co deus do mar
Mandanos moito mal tempo

Brancos cabalos de escuma
Montan sobre as ondas bravas
E ventos que rachan pinos
E pinos que arden coas lapas

Choivas que regan os campos
Campos por choivas regados
Dan de beber en Agosto
A nosos campos sagrados

¡Cómo non te heide querer!
¡Cómo non te heide arrolar!
Como si foras unha nena
Nos brazos da súa nai

¡Galicia non pasa sede!
¡Nin no Inverno!
¡Nin no Verán!

Céneme-24-08-2015



No hay comentarios:

Publicar un comentario