domingo, 25 de marzo de 2012


O MEDO NA FRAGA

Recordos daqueles tempos
Daquelas noites de inverno
Cando pola mañan cedo
Co leite ia o mercado

¡Canto medo eu pasei
Pola fraga enlameado!

Por aquelas corredoiras
Por lumieiras, os raios
E os pinos que rachaban
Polo vento maltratados

E aquelas sombras brancas
Membros da Santa Compaña
Antorchas cal espantallos
Que en fila india pasaban

¡Canto medo eu pasei
Naquelas noites na fraga!

As árbores querían collerme
Cando os seus brazos doblaban
Eu corría coma un tolo
Sen mirar o que pisaba

Ata que chegaba a casa
Onde o lume me quentaba
Nunca perdín o diñeiro
Que na casa escaseaba

¡Canto medo eu pasei
naquelas noites na fraga!

                                                               Miguel Correa-24-03-201

No hay comentarios:

Publicar un comentario