lunes, 19 de marzo de 2012


O MAL DE OLLO

Morreunos o cocho
Que moi gordo estaba
O outro está enfermo
Xa non come nada

¡Perdémolo todo
Con tanta desgracia!

A marela co leite
Que nos axudaba
Tamén muxe moito
Non sei que lle pasa

¡Perdémolo todo
Con tanta desgracia!

O neno que temos
Parés que se apaga
Como unha veliña
Sen aceite nin nada

¡Mal raio me parta
Con tanta desgracia!

Teño que ir a bruxa
A bruxa da Estrada
Pra que os seus meigallos
Nos protexan das fadas
E do mal de ollo
Que as desarraigadas
Enseñaron o demo
O camiño da casa

¡Teño de borrar o camiño
Ou teño de cambear de casa!

Miguel Correa- 19-03-2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario