lunes, 19 de octubre de 2009



CANTO OS XIGANTES GALEGOS

¡Erguédevos, galegos!
Non olledes mais pro chan
Os antergos que tivestes
Non vos deixan descansar
Espertade o coñecemento
Na fala dos vosos irmáns
Xa soóu a hora de afastar
Avergoñarse das nais
¡Erguédevos, galegos!
Imitade a Rosalía
Padre Sarmiento, Feijoo
Xosé Cornide, Pastor
Manuel Murguía, Pondal
Curros Enriquez, Lamas Carbajal
Alfredo Brañas, Antón Noriega
Ramón Cabanillas e Castelao
Otero Pedrayo,Vicente Risco
Viqueira e tamén Carballo
Luis Pimentel, Blanco Amor
Manuel María, Mendez Ferrín
E moitos outros que soñaron ver
Unha Galiza loitadora, ceibe
Onde oportunidades ter
Pra todos fillos da terra
Pra os fillos que veu nacer
Engadir coñecementos
Con traballo e honradez
Berrádelle o mundo enteiro
“Xa non ha malpocados, iñorantes
Na Galiza verde a florecer”
Son homes coma xigantes
Nas ciencias, nas artes, nas letras e no saber
Traballáde arreo, galegos
Pra que vosa nai, Galiza
Sinta ledicia de vervos
Po lo mundo adiante erguer
A voz, a lingua e o saber
Desta nai doce e fermosa
Que a todos nos deu o ser
¡Espertade, galegos!
Estándevos a fitar
Os antergos loitadores
Dende o cumio da montaña
Ata a inmensidade do mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario