sábado, 14 de mayo de 2011


COSTA DA VELA

Alá na Costa da Vela,
a lanchiña soia,
turraba pa terra.
Nas pernas a cana,
na punta unha estrela
e na barsolada
que pendía dela,
o plomo, o anzuelo,
pa co peixe comera.

Naquelas rompientes,
de angurias e penas,
andaban robalos
e muxos nas pedras
e no mar profundo
nas algas e areas,
grandes maragotas,
de pintiñas cheas,
e ala no fondo
o escachar o mar,
uñas de perceves,
para quen se atreva,
a expoñer a vida,
pa levar pa terra,
os froitos que mercan,
os que teñen perras.

A lanchiña soia...
Turraba pa terra.
Ceneme-7-05-2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario